Entrevista con Toni Seijas

Toni Seijas e o diseñador do cartaz da pelicula.

Tes feito deseño gráfico, editorial, artístico, y agora cine. ¿Enfocas o teu xeito de traballar de forma diferente?

Si e non. Con cada cousa que fago parto sempre dun punto común, a intención de atopar o espírito daquelo que teño que representar, xa sexa dun texto para un libro infantil, unha novela para facerlle a cuberta, un disco para facerlle a capa e o libreto, etc. Nese sentido sempre o enfoco igual, chegar a sentilo para poder reflectilo visualmente. A un tempo sempre é diferente porque cada traballo ten a súa propia esencia, ningún libro é como outro, ou ningún disco é coma outro aínda sendo do mesmo estilo musical.

Este documental fala dunha persoa que esta en proceso de cambio vital. sinteste reflexado na historía do protagonista?

Penso que estamos nun continuo cambio vital, pequenas cousas de cada día fannos ir cambiando de ideas, de opinións… o que conleva pequenos cambios na forma de ser. Despois tamén hai acontecementos maiores na vida que son os que cambian cousas a nivel máis grande, aparente ou repentino, mais acho que o propio feito de vivir é un cambio continuo.

Que tipo de situaciones influencian o teu traballo?

É dificil separar o que un é como persoa do que un é como artista, porque ao final forma parte do mesmo. Influe no traballo o que me influe tamén como persoa. Por suposto tento separar unha cousa de outra cando teño que facer algunha encarga. Cos proxectos persoais non hai problema, todo flue e deixome levar.

Ten a música algo que ver co teu xeito de traballar?

Cando fago algún proxecto persoal longo, como pode ser un cómic ou un libro ilustrado con texto meu, preciso moita concentración e adoito poñer unha ou dúas cancións en modo bucle durante horas e horas, todo o día. Cancións que me axuden a meterme no ambiente e na atmosfera que quero crear. E dun xeito máis literal penso que tanto na ilustración ou na pintura, como na música hai que buscar equilibrios, unha especie de melodía que una os elementos nunha soa peza compacta e fundida.

Reducir todo o documental a unha imaxe semella un exercicio de concentracion cara o concreto. Como foi o proceso? Fixeches moitas versións?

Basicamente é o núcleo do meu traballo moitas veces, reducir un contido extenso coma un  libro, coma un disco ou coma un documental nunha soa imaxe, facendo que nela confluan moitas cousas. Gosto de facer a maioría das veces imaxes simbólicas, metafóricas.

O proceso neste caso foi ver o documental unhas cantas veces, a primeira como un pouco de pasada si se pode dicir así, no bo sentido, para tratar de facerme unha idea do que é. Despois xa me meto máis, xa tento “ver” máis alá, máis que ver, sentir. Sentir ese espírito do que antes falaba. Chegar ao cerne.

Si houbo algunha proba previa, mais non chegaba a representar a totalidade do concepto. Adoito ir amosando os primeiros bosquexos ao cliente para ver se vou ben encamiñado. Hai veces que o que eu sinto que teño que facer non ten porque coincidir co que o cliente busca.

Voltaremos verte no cartaz dountro filme pronto?

Espero que si, é algo moi inspirador, sacar unha imaxe a partires doutras imaxes e da música.

Máis maravillas de Toni Seijas:

http://agpi.es/ilustrador.php?id=10

http://antonioseijas.blogspot.com

http://www.antonioseijas.com

http://www.facebook.com/antonio.seijas

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *